A primeira nova para o blogue é unha queixa a voces. Seguramente moitos xa coñecen o tema, así que queda para que cada seu comente a súa opinión, experiencia propia ou idea para arranxar o problema. Se tódolos veciños nos apoiamos mutuamente, faremos sempre o mellor para a nosa vila.
Hai xa máis dun ano que remataron as obras dunha nova cafetería (quedádevos co termo) na rúa Ernestina Otero, situada máis ou menos entre o videoclube “Na Lúa” e a veterinaria “Sta. Mariña” para que todos nos entendamos. Pois ben, como os propietarios dos pisos superiores xa tiveran malas experiencias de ruídos co local, quixéronse asegurar antes de que as obras rematasen de que ía ser unha cafetería sinxela e tranquila, que só abrise polo día, para non ter mais tropezos.
Pasaron unhas semanas e o local transformouse de súpeto nun pub-discoteca, e comezaron os trastornos cos veciños. Éstes movéronse e, tras incontables avisos á policía local para interromper a festa ás tantas da madrugada, decatáronse de que o local non tiña ningún tipo de licencia o que provocou o precintamento do local.
Pasaron uns días e o local estaba aberto de novo! Parece que nesta vila TODO se pode comprar! E aínda por enriba, dándolle só unha licencia de cafetería co que non poden abrir ata tarde, os problemas foron a mais: estar espertos venres e sábados ata as tantas da mañá, karaoke con toda a xente do bar, rapaces borrachos pelexando na rúa, os portais enchidos de mexo e vomitonas, … Todolos fins de semana, arredor das 2:30 da mañá, os veciños acoden á policía de novo. Éstes amósanse ariscos ante eles e interrompen a festa…… sen resultado. A xente queda a durmir no local, facendo ruido toda a noite, mais ou menos ata as cinco da mañ’a, e ás sete, sete e media, póñense a subir e baixar o enreixado mecánico espertando ós veciños de novo…
E leva así desde entón. O concelo non fai nada, a policía non fai nada, ninguén fai nada,… Só quedamos os veciños para defender un dereito que nos queren arrebatar. Se alguén sabe dicirlles algo ou axudar na máis mínima cousa, que comente éste artículo, por favor.
Rodríguez Gómez, Martín
14/10/2008